Saltar ao contido

Castro de Montouto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Castro de Montouto
ParroquiaFigueroa/Montouto
ConcelloAbegondo
ProvinciaA Coruña
Comunidade autónomaGalicia
Id. catálogoGA15001016
Cronoloxía
Datas de ocupaciónI-IV d-c. (?)
Estado actualConservación media
Extensión estimada2.51 ha.
Véxase tamén
Castros de Galicia

O castro de Figueroa,[1][2] castro de Montouto[3] ou Chan do Castro,[3] é un castro situado no monte do Outeiro de Figueroa (Abegondo), por riba do lugar de Figueroa Pequeno, e cunha posible parte en Santín (Montouto)[4] É da idade ferro-romano.[3]

Morfoloxía

[editar | editar a fonte]

Consta dun recinto fortificado que consta dunha croa circular cunha primeira explanada que non pecha o recinto por enteiro e outra de maior tamaño que rodea todo o conxunto. Ten un tamaño de 160 por 200 metros.[5]

A construción da pista entre Figueroa Pequeno e Santín cortou o extremo suroriental do xacemento.

Arqueoloxía

[editar | editar a fonte]

Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas. Na actualidade o seu solo está adicado ao uso forestal e non é visitable.

  1. Garrote Pazos, Alfredo; Páramo Neira, Juan Manuel (27 de decembro de 1996). Concello de Abegondo, ed. Histórico: Normas subsidiarias de planeamento. Referencia GA15061016. Aprobado polo DOG 12/07/2010, BOP 1997-01-28 e DOG 22/01/1997; Plano xeral derogado por sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o 27/11/2003 
  2. Salgado, Xabier Moure. "O NOSO PATRIMONIO: CASTROS DE GALIZA/GALICIA (PROVINCIA DA CORUÑA)". O NOSO PATRIMONIO. Consultado o 10/09/2017. Menciona o Castro de Figueiroa e Chan de Chan de Castro por separado: "ABEGONDO: [...] Figueiroa (Figueiroa); [...] Montouto ou Chan do Castro (Santín-Montouto)" 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Orde de aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Abegondo (14 de setembro de 2012)". 14 de setembro de 2012. Referencia GA15001016. Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2019. Consultado o 4 de agosto de 2017. 
  4. Véxase a páx. 169 do "Anexo 2: Catálogo de edificacións e xacementos arqueolóxicos, páx 169 do PXOM de 1996" onde se cita ao "Castro de Figueiroa, Figueiroa", e a páx 26 do "Tomo IX.a do Catálogo de Protección" do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Abegondo, aprobado en 2012 e derogado en 2017, onde se atopa o mapa deste xacemento coa posición delimitada e os lindes por parcelas das parroquias.
  5. Sánchez Pardo, José Carlos (2008). Territorio y poblamiento en Galicia entre la antigüedad y la plena Edad Media (Tese doutoral). 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]